Desenvolvemento rural

Circular do Fega sobre as cesións dos dereitos de pago básico

15/01/2018 6:54 p.m.

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) ven de publicar unha circular sobre as cesións dos dereitos das axudas do pago básico da PAC.

En concreto, o Fega explica os requisitos a cumprir para a cesión destes dereitos. Pero o máis importante, unha vez que os dereitos xa foron comunicados aos que son os seus titulares durante o primeiro ano de aplicación do réxime de pago básico en España, o Fega establece con esta circular os criterios para a xestión harmonizada das comunicacións de cesión de dereitos de pago básico, con efecto na solicitude única 2018, e para a aplicación homoxénea en todo o territorio nacional das retencións ás cesións dos mesmos.

Esta circular adoptouse en consenso co MAPAMA e as comunidades  autónomas mediante as reunións do grupo de coordinación do Pago Básico, constituído polo FEGA.

Accede aquí ao documento.

Etiquetado
Ir a la portada