Leite

Circular explicativa do Fega sobre a axuda para a redución da produción láctea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/09/2016 8:46 a.m.

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) acaba de publicar unha circular que explica os pasos para seguir para solicitar a axuda europea para redución temporal da produción láctea.

Mediante este anuncio establécese a sistemática común para a xestión e o control desa axuda á redución da produción de leite, tendo en conta que os organismos pagadores das comunidades autónomas deben tomar as medidas necesarias para a súa aplicación.

Descarga aquí a circular do FEGA

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[box style="0"]

ASAJA recomenda ós gandeiros interesados que se inscriban xa neste primeiro período

Hoxe ábrese o prazo de solicita-las axudas para os gandeiros que decidan reducir voluntariamente a súa producción de leite no último trimestre de 2016. A organización agraria Asaja recomenda que os profesionais que desexen optar á subvención se inscriban xa neste primeiro período (o seguinte iría de xaneiro a marzo de 2017), "porque, se temos en conta as estimacións que barallan os expertos comunitarios, os fondos consumiranse neste trimestre, ou no primeiro do vindeiro ano". O prazo de presentación das solicitudes para este trimestre remata ás 12 do mediodía do 21 de setembro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os interesados deben ter en conta que para poder acceder a estas axudas teñen que comprometerse a reducir a súa producción, coma mínimo, en 1.500 quilos con respecto ao mesmo período do ano anterior. A cantidade máxima que se terá en conta para calcular a subvención será o 50% do leite obtido de outubro a decembro de 2015.

Os que cumpran con estes requisitos, recibirán unha axuda de 14 céntimos por cada quilo ata cubrir o tope da axuda. É importante sinalar que estas axudas só comprometen ós gandeiros que se acollan a elas no trimestre no que as soliciten. É dicir, que pasado ese período, poden volver producir a cantidade que desexen.

[/box]

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada