Desenvolvemento rural

Circular do FEGA sobre controis das superficies de pagos acoplados da PAC

03/06/2016 10:03 a.m.

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), acaba de publicar unha nova Circular sobre o Plan nacional de controis das superficies declaradas para pagos acoplados da PAC na solicitude única 2016-2017, e que substitúe á anterior circular 17/2015 .

O obxecto desta Circular de Coordinación é establecer os controis mínimos a realizar no marco do Sistema Integrado de Xestión e Control das axudas da PAC asociadas por superficies e marca as directrices para que tanto os controis administrativos como sobre o terreo aseguren a comprobación eficaz das condicións de concesión das axudas.

Esta circular adoptouse en consenso co MAGRAMA e as Comunidades Autónomas mediante as reunións do grupo de coordinación do Pago Básico, constituído polo FEGA.

Accede aquí ao contido da circular.

Etiquetado
Ir a la portada