Axenda

Ciclo de conferencias en Lugo sobre os soutos de castiñeiros

A Real Academia Galega das Ciencias, en colaboración coa Deputación de Lugo, programou para este mes sete charlas monográficas

Campo Galego 07/11/2016 9:52 a.m.

A Real Academia Galega das Ciencias adica este ano o seu ciclo de conferencias 'Luis Asorey' ó mundo do castiñeiro. O salón de actos da Deputación de Lugo, que colabora e patrocina o evento, acollerá este mes un total de sete charlas sobre os soutos en Galicia. Participarán destacados investigadores galegos relacionados co castiñeiro, así como un representante da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.

A asistencia ó evento é libre e gratuita, se ben recoméndase a inscripción previa a través do Rexistro da Deputación, de cara a evitar posibles problemas de falta de aforo. O programa de conferencias comezará o próximo 14 de novembro ás 19.15 horas cunha charla de Antonio Rigueiro, catedrático do Departamento de Produción Vexetal da USC, que falará sobre os soutos e os castiñeiros senlleiros en Galicia. As sesións desenvolveranse entre o luns 14 e o xoves 17, e entre o luns 21 e o mércores 23, sempre en horario de tarde.

Máis información
- Programa completo das xornadas 'Os soutos de castiñeiros en Galicia'

Etiquetado
Ir a la portada