A cooperativa de segundo grao Delagro acaba de lanzar recentemente ao mercado Clorhomix Extra, unha nova solución viscosa para despois do muxido que protexe a ubre de xermes e outras agresións externas.
Trátase un produto viscoso, de fácil aplicación (mestura 50:50) sen perdas por pingueiras. Formulado en base a Dióxido de Cloro, desde Delagro destacan que “proporciona un alto rendemento cun nivel de consumo inferior”. A mestura mantense estable e activa dun muxido para outro.
Ademais, é igualmente eficaz aos 7 días despois de realizar a mestura. E é que en todos os selladores deste tipo, unha vez realizada a mestura, a presenza de cloro diminúe a partir do cuarto ou quinto día. Que unha mestura permaneza estable non garante o seu bo funcionamento, senón que é necesario ademais que o cloro estea presente nunha cantidade a suficiente para cumprir co seu labor. Neste sentido, Clorhomix mesmo diluído ao 25% pasa a norma de eficacia.
Principais vantaxes:
-Combinación de Dióxido de cloro + Acedo Láctico. Isto permite un alto poder desinfectante, un amplo espectro de actividade, unha rápida actuación e un efecto residual antibacterias.
-Produto de alto rendemento: Máxima adherencia ao teto, capa protectora de longa duración, sen perda por goteo, efecto barreira e control do consumo
-Fácil manexo e aplicación: Sinxela e rápida preparación, cunha mestura 50:50 e unha durabilidade de 7 días.
-Aplicación: Aplicable mediante copa de inmersión sen retorno.
-Marca propia: Mellor relación calidade-prezo e alto rendemento aplicativo, cunha dose de 3,27 gr/vaca.
-Gran dermoprotección: Apto para todo tipo de camas, maior coidado dos tetos, que están máis sans e con nula irritabilidade.
Efecto de Clorhomix Extra sobre os patóxenos:
Un ensaio realizado con Clorhomix sobre microorganismos en suspensión confirmou a súa efectividade como antiséptico e desinfectante químico fronte ás bacterias patóxenas presentes durante o muxido.