Viña

As choivas e a suba das temperaturas favorecen o crecemento dos gromos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/04/2022 11:09 a.m.

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, ven de emitir este venres o seu boletín fitosanitario no que fai unha análise da situación dos viñedos na provincia.

Neste sentido, informa de que as temperaturas tan baixas que se rexistraron durante as últimas semanas “non favoreceron o crecemento dos gromos, que seguen a estar estacionarios e pouco desenvolvidos en xeral, aínda que loxicamente hai excepcións e, como é normal, os máis longos están situados en cada viña ao final da vara”.

Con todo, desde onte día 7 xa subiron as temperaturas nocturnas ao nubrarse os ceos. Con esta situación, os técnicos de Areeiro explican que “unicamente se recolleron, entre o xoves 31 de marzo e o mércores 6 de abril, 4 esporanxios de mildio no captador que xa temos instalado en Areeiro”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Unha sittuación que cambiará nos vindeiros días xa que as choivas que se están a producir desde este venres, que segundo as previsións consultadas poderán rexistrarse ata martes ou mércores, unidas a unhas temperaturas diúrnas e nocturnas suaves, “favorecerán non só o desenvolvemento dos gromos senón tamén, con toda probabilidade, a presenza de máis esporanxios no aire”.

Neste sentido, avanzan que “faremos unha visita ás viñas entre luns e martes para volver publicar a situación observada o mércores día 13”.

Entre tanto, recomendan aos viticulttores ir vixiando a viña, revisando a maquinaria de tratamentos e ir adquirindo os produtos que se vaian dar na primeira aplicación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Gromos afectados polas xeadas

Por outra parte, as temperaturas tan baixas que se rexistraron na segunda quincena de marzo, con valores baixo cero nalgúns casos tamén na provincia de Pontevedra, queimaron os gromos nalgunhas viñas.

Nestes casos, dende a Estación Fitopatoloxica de Areeiro aconsellan “estar pendentes á evolución da planta nos próximos días (pode brotar por outras xemas, ser recomendable -ou no- unha poda...) e á posible aparición de síntomas de botrite nos restos secos”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Gromos novos afectados polas xeadas. Foto: Estación Fitopatoloxica do Areeiro

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada