Leite

China dispara as súas importacións de leite en pó, manteiga e queixo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/08/2021 12:02 p.m.

Animada pola recuperación económica tras superar a crise do Covid19, China está a incrementar notablemente as súas compras ao exterior de productos lácteos neste 2021.

Así, segundo os datos que ven de publicar o Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea, entre xaneiro e maio China incrementou nun 47% con respecto ao mesmo período de 2020 as súas compras de leite desnatado en po (SMP polas súas siglas en inglés), nun 66% as súas compras de queixo, nun 23% as de leite en pó enteiro (WMP polas súas siglas en inglés) e nun 24% as de manteiga.

O xigante asiático xa é o primeiro comprador mundial de leite en pó e manteiga e o cuarto en queixos. Este é o ránking dos principais importadores mundiais de produtos lácteos nos primeiros cinco meses de 2021:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A Unión Europea perde terreo nas vendas ao exterior

No lado das exportacións, Nova Zelandia, a Unión Europea e Estados Unidos seguen disputando o liderado: Nova Zelandia incrementou nun 10% as súas vendas ao exterior de leite en pó enteiro, un sector no que é líder indiscutible, e as de queixo, pero baixou as de manteiga e leite desnatado en po.

Estados Unidos, aumentou nun 16% de xaneiro a maio as súas vendas ao exterior de leite desnatado en pó, e nun 6% as de queixo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

E a Unión Europea tivo peor evolución das súas exportacións nos primeiros meses do ano: só incrementou as vendas ao exterior de queixo, nun 7%, e baixou nas dos outros produtos lácteos.

Evolución dos prezos dos produtos lácteos

En canto á evolución dos prezos internacionais dos produtos lácteos, os últimos datos, do 8 de agosto, reflicten unha lixeira suba en Estados Unidos e, en menor medida, na Unión Europea, e un descenso en Nova Zelandia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada