Desenvolvemento rural

Chega o festival Son Labreg@ 2019

31/08/2019 9:55 a.m.

O vindeiro 21 de setembro celebrarase no concello lugués de Castroverde a terceira edición do festival Son Labreg@, un evento organizado polo Sindicato Labrego Galego e que este ano leva por lema “Ecofeminismo e monte comunal”.

O festival abordará temas como a potencialidade do monte galego como fonte xeradora de riqueza a través de outras alternativas ao eucalipto ou o ecofeminismo ligado aos montes comunais. Tamén haberá espazo para roteiros, obradoiros, actividades para os cativos...etc. A animación musical correrá a cargo “Amigos do Caldeiro”, “Sacha na horta”, “Tecor societario” e “Pinchada con sapoconcho sem concho”.

Velaquí o programa:

Etiquetado
Ir a la portada