Desenvolvemento rural

Charlas sobre a nova PAC en San Sadurniño e Curtis

Campo Galego 09/02/2023 9:47 a.m.

A área de servizos agrarios de Betanzos-Ferrol, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza este mes de febreiro dúas xornadas informativas sobre a nova PAC. Terán lugar en San Sadurniño, o venres 17 ás 11:30 horas na Aula de Cultura, e en Curtis, o xoves 23 ás 11:30 horas no Recinto Feiral.

O obxectivo é informar aos produtores sobre os cambios que conleva o cobro de axudas no novo período 2023-2027, que implica cambios profundos no relativo a algúns aspectos, como a nova condicionalidade reforzada ou os ecorreximes.

Etiquetado
Ir a la portada