Carne

Charlas informativas esta semana na provincia de Lugo sobre a situación do vacún de carne

A Asociación Gandeiros Galegos da Suprema, organiza encontros en Becerreá o martes 15, en Baleira o venres 18 e na Fonsagrada o venres 25. Entre as peticións está que se fixe un prezo mínimo de compra para a carne en orixe

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 14/02/2022 7:29 p.m.

[caption id="attachment_164446" align="aligncenter" width="1599"] Xuntanza informativa organizada o pasado venres nas Pontes pola Asociación Gandeiros Galegos da Suprema[/caption]

A Asociación Gandeiros Galegos da Suprema está a organizar encontros con produtores de carne de tenreira en extensivo de distintas comarcas para analizar a situación do sector e tratar de poñer en común posibles solucións á falta de rendibilidade actual das explotacións.

Tralas xuntanzas celebradas en días pasados en Friol e nas Pontes, esta semana terán lugar reunións en Becerreá (o martes 15 ás 21:00 horas na Casa da Cultura) e en Baleira (o venres 18 ás 21:00 horas no Centro Sociocultural do Cádavo), mentres que a vindeira semana haberá un encontro con gandeiros da Fonsagrada (o venres 25 ás 21:00 horas no restaurante O Piñeiral).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Entre as peticións da Asociación, creada recentemente, está que se fixe un prezo mínimo de compra para a carne en orixe e esixir que se cumpra a Lei da Cadea Alimentaria de maneira que o prezo que paga o consumidor se distribúa dun xeito máis xusto para que o produtor non se vexa obrigado a vender por debaixo dos custos de produción.

A asociación propón unha mesa de negociación na que estean presentes todas as partes da cadea alimentaria coa finalidade de fixar un prezo mínimo para a carne en orixe

Os produtores de Tenreira Galega Suprema piden que se potencie o consumo de carne de calidade das pequenas e medianas explotacións, un modelo de produción baseado no manexo tradicional dos animais. O forte aumento dos custos de produción, sumado aos prezos baixos e estancados dende hai máis de 30 anos, fai que as explotacións de vacún de carne en extensivo estean a pasar momentos de dificultade.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Asimesmo, reclaman que non haxa máis recortes na PAC e as axudas se dirixan aos gandeiros profesionais e a retirada do lobo do Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESPRE)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada