Apicultura

Charla sobre a saúde da colmea este sábado en Carballo

15/11/2018 4:07 p.m.

A Asociación Galega de Apicultura AGA ofrece unha charla este sábado, 17 de novembro, en Carballo sobre as causas da mortaldade nas colmeas e como previlas. Será impartida polo veterinario Gonzalo Calvo e tratará sobre os diferentes factores que inflúen na saúde das colmeas: prevención, enfermidades, pragas, pesticidas, nutrición, etc.

Impartirase de 11 a 13 h. no Forum Carballo. A participación é de balde pero requírese inscrición previa. O programa completo e información sobre as inscricións en www.apiculturagalega.es ou no teléfono 981 508 142.

Contidos:

Esta charla forma parte dun programa de formación sobre sanidade apícola que está desenvolvendo AGA durante este outono en diferentes lugares de Galicia. A participación é de balde pero requírese inscrición previa.

Etiquetado
Ir a la portada