Axenda

Charla sobre a PAC en Friol este martes 27

Campo Galego 26/03/2018 6:55 p.m.

O xefe en Lugo do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), Fernando López, impartirá unha charla sobre a PAC este martes en Friol. O acto, organizado pola Oficina Agraria Comarcal de Lugo, comezará ás 10.30 horas da mañá no centro sociocultural de Friol.

O obxectivo da charla é explicar as novidades que hai esta campaña nas axudas da Política Agraria Común (PAC), así como resolver as consultas das persoas asistentes.

Etiquetado
Ir a la portada