Apicultura

Charla sobre o uso da arpa eléctrica contra a vespa velutina

05/11/2018 5:18 p.m.

A Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e a Agrupación Apícola de Galicia organizan este mércores, 7 de novembro, no Porriño unha mesa redonda sobre o uso da arpa eléctrica para protexer os apiarios dos ataques da vespa velutina, unha ferramenta que neste momento considérase a máis eficaz e selectiva para loitar contra o tártago asiático.

A mesa redonda celebrarase en horario de 17:00 a 19:00h, no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal de Porriño. Nela intervirán distintos fabricantes e usuarios de arpas eléctricas para a protección das colmeas, que explicarán as vantaxes de cada unha delas, recomendacións para a súa ubicación e mantemento...etc.

Máis información no teléfono 616 275 020 (José María Seijo). Esta actividade conta coa colaboración do concello do Porriño.

Etiquetado
Ir a la portada