A charla virtual é gratuíta, terá lugar de 13:00 a 14:00 horas e correrá a cargo do prestixioso veterinario e especialista en insectos estadounidense Rick Hack. Impartirase en Inglés, pero con tradución simultánea ao Español e Portugués a través de Interprefy. É fácil, poderás seguir a presentación no computador e escoitar a tradución no teu móbil cuns auriculares (instruccións aquí)
Para poder acceder á charla virtual soamente cómpre rexistrarse nesta ligazón
Podes ver un adianto facendo click aquí neste vídeo de 1 minuto:
[video width="640" height="480" mp4="https://www.campogalego.gal/wp-content/uploads/2020/06/Adianto-webinar-elanco.mp4"][/video]
Máis información sobre o ponente:
Rick Hack posúe un Máster en Entomoloxía Médica Veterinaria da Universidade de Clemson, USA, e pasou máis de 25 anos no campo axudando a produtores de animais a controlar tanto os insectos nos seus animais, como nos arredores das súas granxas. Traballou para 4 compañías globais de Saúde Animal, incluíndo Pfizer, Bayer e Elanco, en diferentes postos, en I+D, Servizos Técnicos, Vendas e Mercadotecnia. A súa experiencia práctica axudando a manter o benestar e a produtividade dos animais de produción é ampla, e inclúe avicultura, porcino, gando leiteiro e gando de carne.