Desenvolvemento rural

Charla este xoves en San Sadurniño sobre os cambios nas axudas da PAC

19/01/2022 9:39 a.m.

A Asociación Gandeira PROLEGA organiza para mañá xoves unha charla sobre os cambios nas axudas da PAC.

En concreto, explicaranse cales son os cambios nas axudas para este 2022 así como os cambios que se prevén para o novo período da PAC que comeza no 2023.

A charla será ás 11:30 horas na Casa da Cultura de San Sadurniño e será impartida por Ivan Ucha Fernandez.

Etiquetado
Ir a la portada