Apicultura

Charla este sábado na Gudiña sobre a saúde da colmea

13/12/2018 7:34 p.m.

A Asociación Galega de Apicultura AGA ofrece este sábado, 15 de decembro, unha charla na Gudiña sobre as causas da mortaldade nas colmeas e como previlas. Será impartida polo veterinario de AGA Joaquín Lozano e tratará sobre os diferentes factores que inflúen na saúde das colmeas: prevención, enfermidades, pragas, pesticidas, nutrición, etc.

Impartirase de 11 a 13 horas no Edificio Multiusos do concello. A participación é de balde pero requírese inscrición previa. O programa completo e información sobre as inscricións en www.apiculturagalega.es ou no teléfono 981 508 142.

Esta charla forma parte dun programa de formación sobre sanidade apícola que está desenvolvendo AGA durante este outono en diferentes lugares de Galicia.

Ir a la portada