Apicultura

Charla de Lolo Andrade en Valdeorras sobre a loita contra a Vespa Velutina

09/11/2018 8:13 a.m.

A Asociación de Apicultores de Valdeorras organiza este sábado, 10 de novembro, unha charla sobre a loita contra a vespa velutina. Será impartida por Lolo Andrade, divulgador e técnico de Protección Civil de Cambre, que explicará os últimos avances na destrución, neutralización e retirada de niños da vespa de patas amarelas.

A charla será as 10:30 horas no Centro Sociocultural Santa Lucía, en Vilamartín de Valdeorras. Colaboran a Agrupación Apícola de Galicia e o Concello de Vilamartín de Valdeorras.

Etiquetado
Ir a la portada