Desenvolvemento rural

Centos de galegos participan na manifestación en Madrid en defensa do rural

23/01/2022 5:19 p.m.

Centos de agricultores e ganadeiros galegos participaron este domingo pola mañá en Madrid na manifestación transversal convocada pola entidade Alma Rural. O obxectivo da marcha, que congregou a centos de miles de persoas, foi a defensa do rural e , en concreto, para reclamar ás administracións medidas efectivas que permitan que os produtores podan vivir da actividade agrogandeira, así como que se revirta o desmantelamento dos servizos públicos no rural.

Á manifestación contou co apoio e coa asistencia, entre outros, da organización Unións Agrarias, da asociación de gandeiros Agromuralla, da Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema ou de representantes do sector da caza.

Ir a la portada