Celébrase a primeira edición do Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal

A actividade, organizada pola Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común e o Instituto Galego de Terras Comunitarias, tivo lugar en Mazaricos

Campo Galego 24/01/2022 5:46 p.m.

Mazaricos foi o lugar escollido para celebrar a primeira edición do Día da Loita da Veciñanza Comuneira do Monte Veciñal. O evento foi promovido pola Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais e o Instituto Galego de Terras Comunitarias para recoñecer o labor que moitos homes e mulleres fixeron pola defensa dos montes veciñais en Galicia, desde fai xeracións. Ao remate do acto plantáronse dous carballos como homenaxe.

[caption id="attachment_162726" align="alignright" width="660"] A plantación de dous carballo tamén formou parte da homenaxe[/caption]

Arredor de 80 persoas asistiron ao evento, que arrancou cunha xornada na Casa de Cultura e rematou cunha ofrenda floral no monumento do monte veciñal de Eirón, o cal rememora a morte no 1963 de Xosé Esperante, ‘Che de Pedro’, durante as mobilizacións a favor desta forma tradicional de propiedade. Nos actos interveu o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, e os fillos do recoñecido veciño de Eirón.

Etiquetado
Ir a la portada