Leite

Catálogo dos 14 animais de raza Frisona que se poxarán en Boimorto

Loading ad.
Ad could not be loaded.
17/03/2018 8:07 p.m.

O próximo domingo, 25 de marzo, terá lugar ás 12 da mañá no concello coruñés de Boimorto a V Poxa de Gando Frisón, organizada por Africor Coruña.

Para esta poxa, que se celebra no marco da Feira Magreco, foron preseleccionados 14 animais: 10 primeirizas e 4 xovencas preñadas. Proceden de ganderías dos concellos de Arzúa (Casa de Lola, Casa Xacobo e gandería Castro Fernández SC), Curtis (Sat A Campa), Toques (Granxa Huerdeiro), Santiso (Miguel Salgado Garea) e Boimorto (Sat Ilma).

Todas estas ganderías están cualificadas sanitariamente e os animais contan con análise das principais enfermidades do gando vacún.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ademais, Xenética Fontao obsequiará a cada comprador con 3 doses seminais de Armónico e outras 3 de Clun, dous dos touros de maior cualificación da empresa pública galega de xenética.

Ao remate da poxa sortearase un animal de raza Frisona entre os compradores e o público asistente.

Consulta aquí o catálogo dos 14 animais que se subastarán na V Poxa de Gando Frisón de Boimorto.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada