Leite

Catálogo das xovencas que se poxarán este domingo en Santa Comba

Loading ad.
Ad could not be loaded.
01/03/2018 7:47 a.m.

Este domingo ás 11 da mañá terá lugar a XVIII edición da Poxa de Gando Frisón de Santa Comba, no Recinto Feiral Multiusos, organizada por Africor-Coruña e Concello de Santa Comba. Foron preseleccionados 27 animais, procedentes de 15 ganderías da provincia da Coruña, inscritas en Control Leiteiro e no Libro Xenealóxico.

A compra-venda está subvencionada con 150 euros por cada transacción e inclúe o traslado dos animais ata a gandería de destino. Ademais, cada comprador recibirá tamén 3 doses de seme dos touros “Armónico” e “Clun”, de Xenética Fontao, e 10 rifas para participar no sorteo dunha tenreira.

Consulta aquí o catálogo dos 27 animais que se poxarán.

Rematada a poxa, haberá unha degustación de asado de tenreiro frisón, preparado polo chef vasco Karlos Ibarrondo, coa técnica do “burduntzi”, asado lentamente sobre as brasas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada