Leite

Catálogo das xovencas de raza Frisona que se poxarán o próximo domingo en Mazaricos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
13/11/2016 8:07 p.m.

O próximo domingo, 20 de novembro, celebrarase no concello coruñés de Mazaricos a X Poxa de xovencas de raza Frisona.

A poxa, organizada polo concello de Mazaricos, xunto a Africor Coruña e a asociación Gandeiros de Mazaricos celebrarase no recinto feiral da Picota. Os animais deberán entrar no recinto o sábado, entre as 10:00 e as 14:00 horas. A poxa celebrarase o domingo a partir das 11:00 horas.

Todos os animais son criados en ganderías da provincia da Coruña, adaptados ás nosas condicións de manexo, o que permite tamén dar valor á xenética producida nas explotacións galegas, sen ter que depender das importacións para repoñer animais.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Descarga aquí o catálogo dos animais que se van poxar.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada