Leite

Catálogo da poxa de Gando Frisón de Elite de Curtis

Loading ad.
Ad could not be loaded.
26/04/2017 6:16 p.m.

Xa está dispoñible o catálogo da I Poxa de Gando Frisón de Elite que se celebrará o próximo 7 de maio no Recinto Feiral de Curtis.

A poxa, promovida polo Concello de Curtis e organizada por Embriomarket, poñerá á venda 13 animais de alto valor xenético: 12 de SAT A Campa, de Curtis, unha das ganderías de referencia en Galicia en xenética Holstein, e outro de Alfa Holsteins SC, de Ortigueira.

Desde a organización lembran que “o prezo final inclúe o prezo do transporte ata a gandería compradora e todas as femias adquiridas levan un desconto do 20% nun lavado de embrións”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“A poxa nace co obxectivo de poñer en valor e recoñecer o enorme esforzo que desde hai anos veñen desenvolvendo os gandeiros do sector lácteo na mellora xenética das súas explotacións”, destacan desde Embriomarket.

Os animais estarán expostos ao público o sábado 06 de maio desde as 12:00 ata as 20:00. A poxa celebrarase o domingo 7 de maio a partir das 11:30 horas.

Consulta aquí o catálogo.
https://issuu.com/embriomarket/docs/catalogosubasta_2017_20_pax./3

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada