Carne

Case a metade da produción de penso de Asturias e Cantabria xa está controlada por Galis, o sistema galego de seguridade alimentaria

O modelo creado pola Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) incorpora dúas novas fábricas de pensos á súa carteira de clientes: Os asturianos Almacenes Francos e a galega Naturleite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/02/2024 3:13 p.m.

Galis, o sistema de seguridade alimentaria creado pola Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac), amplía a súa presenza no norte de España con dúas novas adhesións, os asturianos Almacenes Francos e a galega Naturleite, polo que o modelo sectorial xa realiza controis a case o 50?% da produción de Asturias e ao 45% da de Cantabria. En Galicia a porcentaxe roza o 100%.

A incorporación destas dúas factorías supón un paso máis na aposta de Galis por ofrecer a todos os fabricantes de pensos un modelo de control sectorial de materias primas rigoroso e eficiente. “É un novo reto para o sistema porque significa que cada vez hai máis fábricas que nos dan a súa confianza “, indica Bruno Beade, director de Agafac e xerente de Galis.

O acordo alcanzado con Almacenes Francos e Naturleite permitirá a estas factorías ter á súa disposición toda a infraestrutura e a tecnoloxía en seguridade alimentaria de Galis, que é pioneira en España nos controis de calidade realizados desde o propio sector, unha actividade que incrementa a seguridade da cadea alimentaria.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Actualmente, Galis reúne a un total de 58 fábricas de alimentación animal, 53 das cales están en Galicia. O resto das factorías adscritas atópanse no Principado de Asturias, Cantabria e Portugal. O salto internacional de Galis produciuse en 2023 tras o acordo asinado con Cevargado, fábrica situada no distrito do Porto, que desde entón somete as materias primas coas que elabora os seus pensos aos estritos controis de seguridade que Galis realiza desde hai 18 anos.

Sobre Galis

O sistema Galis foi creado en 2005 pola Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) e ten o seu laboratorio no porto da Coruña. As súas análises axudan a detectar posibles contaminacións nas materias primas (millo, trigo, soia, etc..) a través de controis baseados en puntos de control críticos das fábricas e empresas adheridas ao programa, que abarca a totalidade do proceso, involucrando aos axentes responsables da fabricación e tamén ao sector veterinario, agrícola e gandeiro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada