Leite

Casa-Nova Sony Mccutchen, Xovenca Gran Campioa nos concursos Autonómico e Internacional da Raza Frisoa

O animal pertence á gandería Carro, de Mesía (A Coruña). Mañá sábado decídense as vacas gran campioas e as mellores explotación de Cimag-GandAgro 2017

Loading ad.
Ad could not be loaded.
27/01/2017 4:21 p.m.

Casa-Nova Sony Mccutchen 1019, de Gandería Carro, de Mesía (A Coruña), foi a Xovenca Gran Campioa Internacional no XXXIV Open Internacional da Raza Frisona que está a ter lugar na II Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2017, a cal se celebra ata mañá na Feira Internacional de Galicia ABANCA. Este galardón está patrocinado pola firma de seguros Ucoga.

A Reserva Gran Campioa neste concurso foi Cudaña Amore Beemer, da gandería Dovanea, de Valdáliga (Cantabria).

En canto ao XXVI Concurso Autonómico da Raza Frisona, a Xovenca Gran Campioa de Galicia, cuxo galardón está patrocinado por Xenética Fontao, foi tamén Casa-Nova Sony Mccutchen 1019, mentres que a Reserva Gran Campioa foi Blanco 0247 África, da gandería Blanco, de Lalín (Pontevedra).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Estes concursos morfolóxicos Autonómico e Internacional, organizados pola Federación Frisona Galega (Fefriga) en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia, continuarán no marco da feira mañá sábado, cando xa se coñecerán as Vacas Gran Campioas e as Mellores Ganderías de ambos concursos.

[caption id="attachment_39299" align="aligncenter" width="660"] Cudaña Amore Beemer, reserva xovenca gran Campioa Internacional[/caption]

[caption id="attachment_39297" align="aligncenter" width="660"] Mención de honra xovenca gran campioa[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada