Leite

Casa Macán anuncia a reanudación da actividade tras solventar un erro de etiquetado

O xerente da empresa, Eladio Rigueira, recoñece un problema de trazabilidade nos queixos de Arzúa Ulloa e Tetilla, pois sacáronse á venda uns lotes sen as correspondentes contraetiquetas das denominacións de orixe. Cuestiona que se lanzara unha alerta sanitaria por ese fallo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 12/02/2020 7:33 p.m.

A alerta sanitaria lanzada pola Agencia Española de Seguridad Alimentaria (Aesan) contra os produtos de Casa Macán é considerada fóra de lugar polo xerente da empresa, Eladio Rigueira. “Non se pode facer iso porque non houbo ningún problema con ningún queixo nin produto de Casa Macán. É certo que cometemos un erro no etiquetado, pero está solventado e este mesmo xoves retomaremos a actividade na factoría”, asegura.

A orixe do incidente produciuse a pasada semana, cando Casa Macán sacou ó mercado uns lotes de queixos de Arzúa Ulloa e de Tetilla sen as correspondentes contraetiquetas dos consellos reguladores. Detectado o erro, a propia empresa comunicoulle a situación á Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal). “Cometemos un erro e esa parte témola que asumir, pero desde a nosa perspectiva non había motivo para suspender a actividade na planta”, cuestiona Eladio Rigueira.

"Cometemos un erro e témolo que asumir, pero non había motivo para lanzar unha alerta sanitaria contra os nosos produtos" (Eladio Rigueira)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A suspensión cautelar da produción na factoría de Taboada (Lugo) iniciouse o pasado luns, logo dunha inspección de Saúde Pública na que se detectaron “incumprimentos graves”, segundo indica a Consellería de Sanidade. “Esta evidentemente non é a primeira inspección de Sanidade que temos. Xa houbera outras e estabamos en diálogo con eles para solucionar pequenas deficiencias, pero a raíz do erro de etiquetado tomaron a decisión drástica de suspendernos a actividade”, explica o xerente de Casa Macán.

A empresa entende a paralización cautelar da súa actividade, pero discrepa da alerta sanitaria que obrigou a retirar os seus produtos dos puntos de venda, unha cuestión que acadou gran repercusión nos medios de comunicación e que considera que lle provoca un gran dano de imaxe.

Sanidade, preguntada polas deficiencias atopadas na empresa, cita as seguintes: “graves incumprimentos nas condicións estruturais, de limpeza e mantemento, operacionais ou de hixiene dos procesos (incumprimentos no almacenamento de materias primas e ingredientes de forma que non se pode garantir a inocuidade dos mesmos, temperaturas inadecuadas en distintas fases da producción, ausencia de protección dos produtos de focos de contaminación e ausencia de garantías de trazabilidade do proceso).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Desde Casa Macán sinalan que as principais cuestións de trazabilidade e operativa xa están solventadas e abordadas con Sanidade, polo que proxectan retomar a actividade este mesmo xoves. “Retomaremos a actividade mañá, hai un acordo con Sanidade nesa liña, e a cadea de produción volverá a traballar entre venres e luns”, sinala Eladio Rigueira, que envía unha mensaxe de tranquilidade a proveedores e consumidores.

[box style="0"]

Recurso de Macán no caso de Central Lechera Asturiana

Este é o segundo revés serio que experimenta a empresa de Taboada (Lugo) este ano, pois o 2020 comezou coa decisión do xulgado mercantil de Lugo de rexeitar a reclamación de 6,7 millóns de euros de Casa Macán contra Capsa (Central Lechera Asturiana). A firma de Taboada reclamáballe esa cantidade a Capsa en concepto de danos e lucro cesante, tras a rotura dun acordo comercial entre as partes.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Macán pechara no 2016 un acordo para traballar en exclusiva para Capsa, pero finalmente a empresa asturiana decidiu desvincularse da galega de xeito unilateral. O xulgado mercantil de Lugo interpretou que entre as partes só existía un contrato marco, pero non de execución, polo que exonerou a Capsa de responsabilidades.

Macán presentou o pasado venres un recurso contra esa decisión na Audiencia Provincial de Lugo.

[/box]

[box style="0"]

Máis información

  • Suspendida a fabricación de lácteos en Casa Macán por incumprimentos sanitarios.
  • [/box]

    --
    Nota: Información modificada a petición de Casa Macán, que quixo rectificar unha declaración feita inicialmente.

    Loading ad.
    Ad could not be loaded.
    Ir a la portada