Leite

Carta dos gandeiros lácteos europeos aos ministros de agricultura da UE

As organizacións integrantes de Coordinadora Europea Vía Campesiña, entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego, reclamaron por carta aos seus respectivos ministros de Agricultura que aborden esta cuestión en próximo Consello do 16 de novembro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
13/11/2015 1:00 p.m.

Con motivo da reunión do Consello de Ministros de Agricultura da UE do próximo luns, as organizacións integrantes de Vía Campesiña Europa, (Confederación Nacional de Agricultura (CNA) de Portugal, Associazione Rurale Italiana (ARI), Confédération Paysanne de Francia, COAG e Sindicato Lábrego Galego, Fédération Unie de Groupements d'Eleveurs et d'Agriculteurs (FUGEA) e Mouvement Action Paysanne (MAP) de Bélxica), solicitaron por carta aos seus respectivos ministros que poñan en marcha novas ferramentas públicas de regulación do mercado que garantan unha adecuada remuneración aos gandeiros polo prezo do leite que cubra os custos de produción.

O obxectivo inmediato é garantir o mantemento dos miles de produtores lácteos, así como os modelos de produción de leite máis sustentables do territorio comunitario.

Critican a supresión do sistema de cotas lácteas

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Na misiva, os representantes dos gandeiros lácteos europeos transmiten o seu máis absoluta preocupación pola situación que está a atravesar o sector por esta grave crise, entre outros factores, pola desregulación de mercados na que se enmarca a recente eliminación do sistema de cotas lácteas na UE.

Tras o paquete de medidas anunciado polo Consello e a Comisión durante a reunión do pasado 7 de setembro, a situación do sector lácteo continúa sendo crítica en toda Europa por mor dos baixos prezos pagos aos produtores polo seu leite. A presión dos prezos á baixa imposta pola industria, nalgúns casos, e a distribución europea, noutros, está a empuxar á desaparición do modelo de produción que mellor responde as demandas dos cidadáns europeos en cuestións como a calidade e seguridade alimentaria, a sanidade e o benestar animal, o respecto ao medio ambiente e o mantemento do medio rural.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada