Desenvolvemento rural

A Carqueixa apoia a candidatura da película ‘O que Arde’ ós premios Goya

Campo Galego 24/01/2020 8:10 p.m.

O filme ‘O que Arde’, que foi rodado na súa maior parte nos Ancares, conta co apoio da cooperativa A Carqueixa, que está a facer promoción e apoio activo da candidatura da película ós premios Goya. Gran parte dos extras que aparecen na película son os propios cooperativistas socios da Carqueixa e por iso quixeron apoiar cunha campaña en redes sociais ó director do filme, Óliver Laxe.

Para o presidente da cooperativa e extra no filme, José Antonio Díaz ‘Palillo’, “Óliver gañou algo moito máis importante que a nominación aos Goya, gañou aos veciños e grabou os Ancares como nunca antes”. Ao fío disto, engade que O que Arde supón un "antes e un despois" porque "visibilizou en todo o Estado e fóra del a nosa identidade e a problemática dos incendios".

A cooperativa aproveita estes días, previos á entrega dos Goya mañá sábado, para facer un sorteo dun lote de 5 Kg. de Ternera Gallega Suprema entre as persoas que participen nas súas redes sociais nas accións de apoio a ‘O que Arde’. É un dos lotes que a cooperativa está a comercializar de xeito habitual baixo a marca O sabor dos Ancares, a un prezo de 53 euros.

[caption id="attachment_109329" align="aligncenter" width="660"] José Antonio Díaz, presidente da Carqueixa.[/caption]

Etiquetado
Ir a la portada