Agroalimentación

A carne de Tenreira Galega recupera a súa festa de degustación dende este venres en Láncara

27/04/2023 10:24 a.m.

Desde este venres, 28 de abril, e até o luns 1 de maio, celebrarase no municipio lucense de Láncara a Feira degustación de carne de Tenreira Galega con indicación xeográfica protexida, na que os asistentes poderán degustar esta exquisita carne e gozar coas diversas actividades programadas para a ocasión.

Esta festa, declarada de interese turístico de Galicia, celebrarase na Pobra de San Xiao, a capital do municipio.

Este é o programa de actividades:

Etiquetado
Ir a la portada