Carne

Campo do Oso estrea o domingo 30 a tempada de rapas en Galicia

A comunidade de montes de Santa María Maior, en Mondoñedo, celebra a primeira rapa das bestas do país. Un grupo de mozos da parroquia mantén viva a tradición e aposta por conservar o gando no monte

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 20/06/2019 4:20 p.m.

[caption id="attachment_92691" align="aligncenter" width="660"] Rapa no curro de Campo do Oso. FOTO: ANDREA GACIO[/caption]

A comunidade de montes Carracedo, Rio Seco e Chao das Louseiras, pertencente á parroquia de Santa María Maior, en Mondoñedo, organiza o vindeiro domingo 30 de xuño a primeira rapa das bestas de cantas se celebran en Galicia.

O curro de Campo do Oso, un curro histórico, é o lugar onde se celebra a rapa. Leva facéndose neste espazo desde hai medio século. A primeira hora reúnense os xinetes para subir ao monte en busca dos animais para baixalos ao curro. Xuntan uns 300 cabalos para a rapa aínda que hai anos nos que a néboa habitual nesta zona dificulta atopalos. Unha vez marcados volven ao monte.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste monte comunal, que linda co concello da Pastoriza hai unhas 500 cabezas de gando entre vacas e cabalos. Hai máis bestas ca vacas e só media ducia de veciños da parroquia ten gando no monte. Cada casa ten os seus propios animais, que pacen libremente en toda a superficie do monte, unhas 245 hectáreas.

Baixas provocadas polo lobo

[caption id="attachment_92700" align="alignright" width="300"] Os cabalos pacen en liberdade nas 245 hectáreas da comunidade de montes[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A cabana cabalar nestes montes foi a menos nos últimos anos. As baixas provocadas polo lobo tiveron parte da culpa e a obrigatoriedade de dotar aos animais de microchip acabou por desanimar a parte dos veciños. Na actualidade só tres casas teñen cabalos nos montes de Campo do Oso: Luciano García e o seu fillo Moisés, Tania Pérez Pértega e Francisco García e o seu fillo Miguel.

Outros veciños, como Ofelia Gruñeiro, só teñen vacas. Ofelia levaba desde o ano 2010 como presidenta da comunidade de montes. O ano pasado deixou paso á xente nova. É un dos pequenos milagres desta parroquia, que persoas como Moisés, Tania ou Miguel decidiron coller o relevo para manter o gando no monte e a tradición da rapa das bestas. Miguel é hoxe o presidente da comunidade e Tania a secretaria, un relevo xeracional necesario que garante o futuro do curro de Campo do Oso.

Persoas chegadas desde parroquias ou concello próximos veñen axudar e os traballos son seguidos por numeroso público como expectador. O marcado e o corte das crins remata pola mañán. Despois ven o  tempo da festa, con xantar popular e música. A programación inclúe tamén loita de garañóns e degustación de balde de carne de poldro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada