Carne

Campañas contra o fraúde de anunciar “polos vexetais” e “hamburguesas vexetais”

A Interprofesional de Carne Provacuno lanza unha iniciativa para buscar nomes alternativos para os procesados vexetais que se comercializan baixo a denominación de hamburguesas. Unións Agrarias-Upa denuncia ante a Administración a comercialización nos supermercados Aldi de "bocados de polo 100% vexetais"

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/05/2021 6:31 p.m.

O sector lácteo logrou fai un par de anos que Europa prohibise utilizar o termo leite para a comercialización de bebidas vexetais, pero outro fraúde estendido, como o de comercializar procesados vexetais con nomes cárnicos continúa á orde do día.

O último caso detectouse nos supermercados Aldi, onde Unións Agrarias-Upa atopou unha promoción de "bocados de polo 100% vexetal mediterráneos", elaborados pola empresa Heura Foods. A organización agraria advirte de que se trata dun "engano orientado a comercializar un produto vexetal ultraprocesado que non ten relación algunha co polo".

[caption id="attachment_144386" align="aligncenter" width="660"] Artigo do fabricante da chamada "carne vexetal".[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Unións Agrarias pide que Consumo retire ese produto dos lineais. "As industrias son conscientes de que estes produtos industriais e baseados en vexetais e graxas de dubidosa orixe xeran temores entre os consumidores, polo que os disfrazan con nomes que os normalicen" -valora a organización agraria-. "Estamos ante unha práctica desleal que debe ser perseguida e sancionada".

[box style="0"]

‘BuscalesUnNombre.com’, campaña da Interprofesional Provacuno

Provacuno, a Interprofesional de Carne de Vacún, sumouse ao Día Mundial da Hamburguesa, que se celebra este venres 28, cunha campaña na que quere reinvindicar o uso da palabra hamburguesa só para aquelas que leven carne. As que non, "son outra cousa, pero non son hamburguesas", como reza o anuncio que se lanza a partir de mañá.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A campaña, titulada BuscalesUnNombre.com, pretende axudar ás empresas que utilizan todo tipo de ingredientes á hora de fabricar algo similar a unha hamburguesa a que adopten un nome diferente e creativo. Para iso, na web www.buscalesunnombre.com xa se habilitou un espazo onde calquera usuario pode propor o seu nome para este tipo de produtos. Desde os máis creativos aos máis divertidos, dos máis rompedores aos máis evidentes. A única condición é que non sexan ofensivos.

"Para nós en PROVACUNO, as hamburguesas deberían ser de carne de vacún, as auténticas, aínda que segundo a lexislación española pódense utilizar doutras carnes. Pero sempre teñen que ser de carne. O resto non son hamburguesas", asegurou Eliseo Illa, presidente de PROVACUNO, durante a presentación da campaña.

"Cada vez hai máis produtos feitos en laboratorio e a base de mesturar ingredientes e ingredientes, nalgúns casos máis de 20, que queren imitar a forma, o aspecto ou, mesmo, o sabor das hamburguesas e chamarse igual. Non ten ningún sentido, cremos na interprofesional. Porque", insistiu Illa, "é unha forma de confundir aos consumidores nun mercado no que o respecto pola orixe dos alimentos e a súa denominación son clave".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para axudarlles a atopar un nome a estes produtos, a campaña de PROVACUNO axudará a buscar centos de opcións para substituílo, desde hoxe e até o próximo 15 de xuño. Despois, un xurado especializado será o encargado de elixir o nome perfecto para propolo á sociedade para que o adopten como alternativa á palabra "hamburguesa".

Unha campaña cun xurado experto... até de Hamburgo.

A campaña contará cun xurado que será o encargado de elixir o nome máis idóneo para elas, e que contará con voces expertas no mundo das hamburguesas:

_José Manuel Moza é chef e socio da cadea de burgers Beefcious, con 5 locais na Comunidade de Madrid, e achegará a súa expertise á hora de elixir o nome perfecto.

_Adriane Storch é unha muller nada en Hamburgo e ela mellor que ninguén coñece os segredos das hamburguesas, polo que non podía faltar no xurado.

_Joe Burger é un auténtico devorador de hamburguesas e participou nalgúns dos retos máis importantes dos que se celebran no noso país.

_Dafne Fernández é actriz, amante da alimentación saudable, do deporte, a moda e da vida sa. E das hamburguesas, por suposto.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada