Noticias de empresa

Campaña xardín de Millares Torrón

A empresa lucense, líder en España na venda de tractores cortacéspede, lanza unha promoción esta primavera para a compra de maquinaria adicada a xardíns

Campo Galego 16/04/2019 11:22 a.m.

Millares Torrón vén de iniciar unha campaña primaveral adicada á maquinaria de xardín. A empresa lucense ofrece unha ampla oferta de máquinas e apeiros necesarios para o traballo de parques e xardíns, incluíndo tractores cortacéspede, motocultores, desbrozadoras, motoserras ou limpadoras de auga.

A nivel de España, Millares Torrón é o concesionario líder na venda de tractores cortacéspede, un segmento que traballa con marcas como Cub Cadet ou Iseki. A oferta de Millares Torrón inclúe tanto maquinaria de uso profesional coma doméstico.

Na oferta para pequenos xardíns, a empresa lucense comercializa maquinaria coma cortacéspedes de man, motocultores ou robots cortacéspede, que en función do modelo, poden abarcar superficies de entre 400 e 6.000 metros cadrados.

Máis información
- Catálogo xardín 2019 de Millares Torrón, con indicación de prezos (Pdf).

Ir a la portada