Leite

Campaña informativa sobre a petición de indemnizacións ás industrias do ‘cártel do leite’

O Sindicato Labrego Galego inicia na Estrada un calendario de charlas informativas nas comarcas leiteiras sobre a posibilidade de reclamar ás industrias lácteas sancionadas por Competencia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/11/2019 9:33 a.m.

O Sindicato Labrego Galego iniciou este xoves na Estrada unha campaña de asembleas informativas nas comarcas leiteiras galegas. Nas sesións abórdase a posibilidade de reclamar xudicialmente contra o cártel de industrias lácteas sancionadas pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia.

Os gandeiros, como parte afectada, teñen un prazo dun ano, dende a publicación da sanción o pasado 11 de xullo, para demandar ás industrias multadas para recuperar os cartos que deixaron de percibir a causa das prácticas fraudulentas. Neste senso, o colectivo analizou os pros e contras desta accións co asesoramento do experto Albert Poch, do bufete Redi Abogados, especializado en demandas contra cárteles industriais, e decidiu comezar unha serie de sesións informativas ós gandeiros para que valoren esa demanda.

As ganderías contan cun prazo dun ano para demandar ás industrias sancionadas

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Desde o Sindicato Labrego teñen previsto realizar as reclamacións das perdas de cada gandería a través dunha mesma demanda, coa intención de agrupar o maior número posible de granxas. De feito, segundo apuntan dende o Sindicato Labrego, en Cataluña este proceso xudicial está xa avanzado e conta con centos de demandantes, pese a que só quedan unhas 437 ganderías en activo. Cómpre ter en conta que tamén poden reclamar todas as granxas que venderon leite entre o 2000 e o 2013, aínda que xa cesaran a actividade.

No caso galego, o Sindicato Labrego confeccionará unha listaxe de granxas interesadas en iniciar o proceso de reclamación para estudar e asesorar sobre a viabilidade de iniciar accións xudiciais. O colectivo ten programadas unha vintena de actos por toda Galicia. Polo momento ten fixadas xa reunións ó longo de todo o mes nas bisbarras de Ferrol, Ortegal, Eume, A Mariña, Terra Chá, Betanzos, A Coruña, Ordes, Arzúa, Compostela, Lugo, Meira, Deza, Sarria, Chantada, Lemos, Bergantiños ou na Costa da Morte.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada