Noticias de empresa

Cambios na organización de New Holland España

Campo Galego 13/03/2019 1:25 p.m.

New Holland procedeu este ano a modificar o seu cadro directivo. Ramón Maya asume a responsabilidade da Dirección de Servizo de New Holland en España, remprazando a Francisco Santiago, que decidiu optar por un novo desafío profesional á marxe do sector. Ramón acredita unha experiencia de máis de vinte anos de traballo coa marca, asumindo diferentes funcións dentro da compañía nas áreas de posventa e de mercadotecnia.

A marca tamén realizou cambios nas direccións de Marketing e Comercial. Sixto Montblanc asume a responsabilidade da Dirección de Marketing. Sixto leva oito anos xa na estrutura da marca desenvolvendo diferentes roles na área comercial, sendo os últimos anos o Director Comercial de New Holland.

Aitor Gatius asume a responsabilidade da Dirección Comercial, substituíndo a Sixto nesta posición. Aitor estivo traballando desde fai catro anos como Delegado Comercial de tractores New Holland da zona Nordés e enfróntase a este novo desafio con moita ilusión e con ganas de seguir a liña ascendente de resultados que leva New Holland nos últimos anos.

A firma, por último, destaca que o prestixio de New Holland Agriculture baséase no éxito dos seus clientes: empresas de servizo, contratistas, viticultores, gandeiros ou profesionais dos espazos verdes. “Todos poden contar coa máis ampla oferta de innovadores produtos e servizos: unha gama completa, desde tractores até maquinaria de recolección e manipuladoras telescópicas, apoiada polos servizos financeiros personalizados dun especialista en agricultura. Dispón dunha profesional Rede de Concesionarios en todo o mundo, que conta co compromiso de New Holland para garantir a máxima satisfacción de cada un dos clientes”.

Etiquetado
Ir a la portada