Leite

¿Cales son as mellores vacas e as mellores tenreiras Frisoas de España?

Loading ad.
Ad could not be loaded.
04/07/2018 1:43 p.m.

Chámase Pandio Parla Goldwyn, pertence á gandaría Pandio, de Palencia, e é neste momento a mellor vaca de España por ICO, segundo se desprende da última avaliación xenética de CONAFE realizada no mes de xuño. Esta vaca nada en 2007 acumula nada menos que 4368 puntos, seguida doutra compañeira de rabaño, Pandio Parla Mogul, con 4191 puntos ICO.

En terceiro lugar de mellores vacas, e a moi pouca distancia, con 4124 puntos, sitúase unha galega, Ugasma Gabor 8327, da gandaría coruñesa Ugasma, de Boimorto.

Listaxe das 20 mellores vacas de España por ICO:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Consulta aquí a listaxe completa das 1.000 Mellores Vacas por ICO Xuño 2018

Dúas tenreiras galegas, unha de Sarria e outra de Boqueixón, mellores femias xenómicas de España

En canto ás avaliacións de CONAFE referidas a tenreiras xenómicas, os primeiros postos están ocupados por animais de gandarías galegas. Así, en canto ás mellores tenreiras xenómicas menores de 18 meses, o primeiro posto corresponde a Candesa Yosi 7067 Lager ET, da gandaría SAT Candesa, de Boqueixón (A Coruña), que suma nada menos que 4.837 puntos GICO.

Séguelle Grille Lager Nitha 1128 FIV ET, de gandaría GRILLE SGC, de Mazaricos (A Coruña), con 4.795 puntos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As 20 mellores tenreiras xenómicas de menos de 18 meses:

Consulta aquí a listaxe completa das 1000 mellores tenreiras xenómicas menores de 18 meses

Por último, na categoría de tenreiras xenómicas maiores de 18 meses, o primeiro posto por ICO, con 4677 puntos, corresponde de novo a BAIXO JETSET SILLY, de Gandaría Baixo Holstein, de Sarria (Lugo),

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Consulta aquí a listaxe completa das 1000 mellores tenreiras xenómicas maiores de 18 meses

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada