Leite

Cales son as grandes industrias lácteas que máis valor lle sacan ao leite?

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/08/2021 1:54 p.m.

Nestlé, Danone e as chinesas Yili e Mengniu son as gandes industrias lácteas a nivel internacional que máis valor lle quitan ao leite, de media máis de 1 dólar de ingresos por cada litro de leite transformado.

Así se recolle no informe do IFCN, o observatorio internacional do sector lácteo, presentado na última edición da conferencia One Ideas de Alltech, celebrada en formato online o pasado mes de xuño.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"Temos unha inmensa diversidade, desde os 0,5 dólares por quilo de leite transformado -das industrias que principalmente venden leite líquido- aos máis de 2 dólares -das que transforman o leite en derivados lácteos de máis valor-", destacou Torsten Hemme, director executivo de o IFCN.

O ranking das 20 principais industrias lácteas do mundo está encabezado pola cooperativa Dairy Farmers of America, cuns ingresos en 2019 de 29.000 millóns de dólares, seguida doutra cooperativa, a neozelandesa Fonterra, con 21.900 e en terceiro lugar grupo francés Lactalis con 20.000 millóns.

Porén, por valor xerado, o primeiro posto corresponde ao grupo francés Danone, que logra 2,8 dólares por cada quilo de leite que vende transformado. Séguenlle a chinesa Yili ,con 1,4 dólares e en terceiro lugar Mengiu, Nestlé e Savencia, con 1,3 dólares. No extremo oposto, de menor valor xerado, atópanse Dairy Farmers of América, a primeira por volume, California Dayries ou Glanbia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

71.000 millóns de dólares en pagos aos gandeiros polo leite

Outro dato relevante do informe do IFCN é que as 20 principais industrias lácteas do mundo tiveron un volume de negocio en 2019 de 103.000 millóns de dólares estadounidenses, dos que 70.000 corresponderon a pagos aos gandeiros, 21.000 millóns a pagos a empregados das industrias e o resto a impostos e beneficios.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Outro dato interesante do estudo é que o EBITDA medio de todas estas empresas nese ano roldou o 8%."¿Este 8% é suficiente para facer todos o investimento necesario en modernización das plantas, en reducir a pegada de carbono, en apoio a sistemas agrícolas, etcétera?", preguntouse como conclusión Torsten Hemme.

Accede aquí a un extracto do informe do IFCN

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada