Leite

Calendario de mobilizacións do sector lácteo

As organizacións agrarias inician este luns 30 as protestas ante as cadeas de distribución

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 28/11/2015 12:55 p.m.

Dous meses despois de asinado o acordo lácteo, os prezos do leite no campo continúan sen subas. As cadeas de supermercados, sen embargo, si aumentaron o prezo das súas marcas brancas nos lineais, unha situación que o sector entende que require dunha explicación.

Durante a próxima semana, as organizacións que integran a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo desenvolverán actos simbólicos de protesta ante áreas comerciais de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo e Lugo.

De non acadarse melloras nos próximos días, o sector anuncia tractoradas indefinidas en Santiago, ante a Xunta, e na Coruña, ante a delegación do Goberno.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os actos previstos para a próxima semana pola Plataforma son os seguintes:

- Luns 30 de novembro. Santiago.
Comparecencia pública na Casa do Concello (12 horas), acompañados do alcalde de Santiago, Martiño Noriega; e reparto de de información no centro comercial As Cancelas (12.45 h.).

- Martes 1 de decembro. A Coruña.
Reparto de información ante o Alcampo (avenida Alfonso Molina), 12 horas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Mércores 2 de decembro. Lugo
Reparto de información no centro comercial As Termas (12 horas).

- Xoves, 3 de decembro. Pontevedra.
Rolda de prensa na Casa do Concello, xunto co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores (12 horas) e reparto de información ante o supermercado Dia (Santa Clara).

- Venres, 4 de decembro. Ferrol.
Reparto de información no polígono das Gándaras (12 horas).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Sábado, 5 de decembro. Vigo
Reparto de información no centro comercial Gran Vía (12 horas).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada