Agricultura

Calendario de cursos para o carné de produtos fitosanitarios

Medio Rural inicia a próxima semana os primeiros 12 cursos propios para sacar o carné básico, se ben a maioría xa teñen as prazas completas. As entidades colaboradoras agardan a que a Xunta abra a convocatoria para solicitar a impartición das actividades formativas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 05/02/2016 2:35 p.m.

Desde o pasado 25 de novembro, para comprar e aplicar pesticidas profesionais é preciso contar cun carné de manipulador de produtos fitosanitarios. A nova esixencia obriga ós produtores que non dispoñan do carné a sacalo á maior brevidade, se ben este ano os cursos de formación estanse retrasando máis do agardado polo sector. A Consellería do Medio Rural inicia para a próxima semana unha ducia de cursos para o carné básico de aplicación de fitosanitarios, así como outros 2 para o nivel cualificado. Pódense consultar todos no buscador de cursos de formación continua da Consellería do Medio Rural.

A Xunta tamén programou formación para a renovación dos carnés existentes. O total dos cursos previsto para febreiro ronda a trintena, pero quédanse moi curtos para toda a demanda que hai no agro. A solución terá que vir da man de máis cursos propios da Administración ó longo do inverno e da primavera, así como dos cursos que oferten as entidadades colaboradoras, arredor dunhas 60 acreditadas en Galicia, entre organizacións agrarias, asociacións, cooperativas e empresas.

As entidades colaboradoras da Administración en actividades formativas agardaban que Medio Rural publicase a finais de xaneiro a convocatoria para optar a impartir os cursos de fitosanitarios, pero esa convocatoria aínda se está facendo agardar, polo que a día de hoxe descoñecen cando poderán comezar a ofertar os cursos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Amosamos embaixo os cursos que xa ten convocados a Xunta para febreiro. Na maioría, as prazas están completas.

[caption id="attachment_22982" align="aligncenter" width="660"] Cursos do nivel básico en febreiro.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada