Desenvolvemento rural

Calendario de charlas no Deza sobre as novidades da PAC

Campo Galego 14/03/2023 5:58 p.m.

Lalín acolleu na mañá deste martes a primeira das charlas informativas sobre a nova PAC programadas na comarca do Deza (Pontevedra) nos próximos días. A xornada na capital dezana celebrouse na aula da UNED, situada no polígono industrial, e contou cun importante número de gandeiros interesados nas novidades que vai introducir o novo modelo de axudas da PAC.

Ó longo dos próximos días celebraranse charlas en Silleda, Rodeiro, Agolada e Vila de Cruces. Todas elas terán lugar ás 10.30 horas. As xornadas están organizadas dende a oficina agraria comarcal e contan coa colaboración do Servizo Territorial do Fogga – Pontevedra.

Detallamos a continuación a data e o lugar das próximas charlas:

- Xoves 16 de marzo. Silleda. Fundación Semana Verde. Clube do expositor.

-Venres 17 de marzo. Rodeiro. Centro Cultural Manuel Lamazares.

- Martes 21 de marzo. Agolada. Casa da Cultura.

-Xoves 23 de marzo. Vila de Cruces. Auditorio Xosé Casal.

Etiquetado
Ir a la portada