Noticias de empresa

Calcimag Flow, a única caliza líquida que se pode mesturar co xurro

O Grupo Soaga comercializa unha solución que permite distribuír nunha pasada de cisterna o abono coa enmenda cálcica. O produto aumenta o nitróxeno dispoñible no purín para o cultivo e reduce os malos olores

Campo Galego 25/08/2020 10:39 a.m.

Calcimag Flow é unha caliza líquida que ofrece numerosas vantaxes para as ganderías. A primeira é que o produto mestúrase co xurro na balsa e aplícase despois no campo conxuntamente co abono, nunha única pasada da cisterna, co conseguinte aforro de tempo, traballo e combustible. Outros beneficios claros están no aumento do nitróxeno dispoñible no purín para o cultivo, así como na reducción de malores olores e de emisións de amoniaco á atmósfera.

A enmenda líquida, composta por carbonato de calcio en suspensión, destaca pola súa finura de molienda, o que favorecerá que se logre unha disolución homoxénea na balsa, sen decantación do produto. Antes da súa comercialización, Calcimag Flow supera tres filtros de auga, de xeito que se garante que máis dun 90% dos graos teñen un tamaño inferior a 6 micras (Unha micra é a milésima parte dun milímetro).

O produto pode incorporarse á balsa xusto antes da súa aplicación no campo, se ben desde Soaga, a casa distribuidora, recoméndase un periodo de permanencia na foxa do xurro de 4 – 8 semanas, xa que Calcimag Flow mellorará así a dispoñibilidade do nitróxeno do xurro para o cultivo. “En catro semanas, podemos falar dunha ganancia do 30% en nutrientes aproveitables e se chegamos a 8 semanas, estamos nun 60%”, detalla Emilio Lemos, técnico do Grupo Soaga.

Durante o periodo de permanencia de Calcimag Flow na balsa, haberá que facer periódicas bateduras, de cara a garantir unha disolución homoxénea. Recoméndase ademais unha última batedura antes da aplicación.

[box style="0"]

Beneficios

A maiores das melloras que xera toda enmenda calcica no campo, os estudos demostraron que Calcimag Flow presenta a maiores os seguintes beneficios

[/box]

Aplicación en campo

[caption id="attachment_125281" align="alignright" width="320"] Incorporación de Calcimag Flow á balsa de xurro.[/caption]

Calcimag Flow suminístrase nun camión cisterna de 26 toneladas para a súa incorporación á balsa de xurro. É un volume de produto que se pode utilizar para aplicar nun número de hectáreas variable, en función do impacto que se desexe acadar sobre o terreo.

Como referencia, cómpre ter en conta que a reactividade de Calcimag Flow é moi superior á dun carbonato cálcico convencional, de xeito que 500 Kg. de Calcimag Flow equivalen aproximadamente a 1.800 Kg. de carbonato cálcico convencional.

Cada gandería ten que conxugar factores como a capacidade da balsa e o número de hectáreas a tratar. Á hora de incorporar Calcimag Flow, haberá que comprobar que hai espazo dispoñible na foxa de xurro e que o camión cisterna ten acceso á mesma.

“Existe tamén a posibilidade de dividir o camión entre dúas ganderías veciñas, suministrándolle a cada unha en función das súas necesidades”, explican desde Soaga. Unha vez incorporado Calcimag Flow á balsa, o gandeiro será o que decida datas de aplicación e dose.

[box style="0"]

Máis información

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada