Leite

Cal é a mellor variedade de millo forraxeiro en 2016?

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo ven de publicar a actualización para o ano 2016 dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
23/03/2016 10:07 a.m.

Dentro dunhas semanas xa se empeza a preparar a sementeira do millo forraxeiro en Galicia, un cultivo de grande importancia para o mantemento da nosa cabana de gando vacún.

Proba da importancia deste cultivo é que Galicia concentra o 60% da superficie do Estado dedicada a este cultivo e o 55% da produción. Trátase da principal produción forraxeira das arredor de 9.000 explotacións lácteas existentes na comunidade e cobra máis importancia nun momento de baixos prezos do leite.

Neste sentido, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) ven de publicar a actualización correspondente ao ano 2016 do Valor Agronómico das Variedades Comerciais de Millo Forraxeiro en Galicia, un análise comparativo anual que realiza co obxectivo de avaliar o rendemento e calidade das variedades comerciais máis utilizadas no país.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os  ensaios fixéronse en catro comarcas: Sarria, Trasdeza, Ordes e A Mariña lucense.

Recomendacións para elixir unha variedade

Á hora de elixir unha variedade, dende o CIAM recomendan que o primeiro que temos que ter en conta é o ciclo que resulte máis axeitado ao clima da zona. Neste sentido aconsellan que:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Se sabemos a data de sementeira e sumamos os días que aparecen na columna “Días S-C”, teremos a data probable de recollida para unha zona fría do interior.

-Se é unha zona cálida haberá que restarlle 15 días.

-Tamén é importante a dispoñibilidade de maquinaria para esa data.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Dentro do ciclo elixido, dende o CIAM recomendan escolleraquelas variedades que reúnan as dúas condicións seguintes ao mesmo tempo:

1) Un elevado índice produtivo (IP) (canto maior sexa o dato da columna IP, mellor) e
2) Unha elevada calidade (canto maiores sexan os datos das columnas ESPIGA, DMO e PB, mellor).

Descarga aquí a actualización correspondente ao ano 2016 do Valor Agronómico das Variedades Comerciais de Millo Forraxeiro en Galicia

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada