Noticias de empresa

CaixaBank Rural Emprende premiará até con 5.000 euros as iniciativas de desenvolvemento rural

12/10/2019 10:32 a.m.

Co obxectivo de potenciar e mellorar o futuro do rural galego CaixaBank, xunto ao Festival de La Luz, presenta a primeira convocatoria do concurso CaixaBank Rural Emprende, co propósito de premiar a proxectos en marcha que implementen o medio rural no seu negocio.

Poderán participar emprendedores con iniciativas de desenvolvemento rural, presentadas por parte de persoas físicas ou xurídicas.

Os proxectos deben ser orixinais e cunha aplicación íntegra dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, así como contribuír a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica.

Categorías e premios:

- Semente Emprende: categoría para proxectos en funcionamento que se atopen en fase de desenvolvemento (de cero a tres anos) e que será dotado con 3.000 €.

- Semente CaixaBank: categoría para proxectos en funcionamento que non conten cunha traxectoria maior a 5 anos e que se dividirán en:

- Semente de ouro: dotado con 5.000 €.

-Semente de prata: dotado con 1.000 €.

Prazo e forma de inscrición:

Pecharase o 18 de Outubro de 2019. Para participar é preciso enviar un correo a caixabankruralemprende@festivaldelaluz.es

Máis información:

https://www.festivaldelaluz.es/gl/caixabank-rural-emprende-gal/

Etiquetado
Ir a la portada