Noticias de empresa

CaixaBank e a Obra Social “la Caixa” establecen un plan de axudas para os afectados polos incendios en Galicia

27/10/2017 5:53 p.m.

CaixaBank e a Obra Social “La Caixa” aprobaron un plan de axudas destinado aos damnificados polos graves incendios que afectaron a Galicia e que ocasionaron perdas humana e danos de gran consideración.

Este plan inclúe unha liña de financiamento específico destinado a paliar as dificultades que atravesan os damnificados polos incendios. Desta maneira, os afectados poderán acceder a préstamos persoais en condicións especiais para financiar a reconstrución de vivendas, explotacións e fincas agrícolas danadas e anticipos das indemnizacións que poidan percibir.

A posta en marcha desta liña pretende facilitar a particulares e empresas o restablecemento no menor prazo posible de tempo dos bens materiais queimados polo lume. Poderase acceder á mesma a través de calquera oficina da rede de CaixaBank localizada nalgunha das áreas afectadas polos incendios.

Ademais, a Obra Social “La Caixa” destinará unha achega económica de ata 300.000 euros ao apoio ás persoas damnificadas polos incendios. Estas axudas dirixiranse especialmente a garantir a cobertura das necesidades básicas dos afectados, de acordo coas prioridades establecidas polas administracións.

Etiquetado
Ir a la portada