Carne

Caída dos prezos nas xatas de recría de rubia galega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 25/06/2015 9:01 a.m.

A mesa de prezos de abasto do Mercado de Amio acordou unha baixada de 10 euros nas categorías extra, boa e regular das femias de rubia galega. Desde a mesa sinalan ademais que se apreciou unha forte caída na demanda das destetadas (xatas de entre 2 e 5 meses, de ata 140 quilos de peso), ata o punto de que poida ser complicada a súa venda na próxima feira. En gando de abasto, baixaron 5 céntimos por quilo as cotizacións de todos os becerros e becerras de máis de 300 quilos, así coma o vacún maior.

Por outra banda, na mesa de prezos da IXP Ternera Gallega non se celebrou sesión, polo que proseguen vixentes os prezos da anterior sesión. A asistencia de gando ó Mercado de Amio de onte foi de 2.273 reses, 93 menos que o pasado 17 de xuño. Houbo 1.728 cabezas de vacún menor, 281 de vacún mediano e 251 de vacún grande.

Táboa das cotizacións do Mercado de Amio (24-6-2015)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada