Leite

A cadea láctea aborda as vendas de leite a baixo prezo

A comisión de seguemento do acordo lácteo reuniu a industrias, cadeas de distribución, cooperativas, organizacións agrarias e Administración, que debatiron sobre o abaratamento do leite nos lineais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/03/2018 11:58 p.m.

O abaratamento do leite que se vén rexistrando nas cadeas de distribución ao longo dos últimos anos centrou parte do debate da comisión de seguemento do acordo lácteo, un órgano no que participan industrias, cadeas de distribución, cooperativas, organizacións agrarias e o Ministerio de Agricultura.

A posición do sector gandeiro é clara. Demándase que se erradiquen as ofertas agresivas, que presionan os prezos á baixa no campo e deterioran a imaxe do produto. Por parte do Ministerio, sinálase que só un 2,6% do leite se vende no supermercado a menos de 55 céntimos, polo que entende que non se pode falar dun problema xeralizado.

"Cando alguén vende barato, é ou porque outro lle paga mal a outro ou porque vende a perdas" (Román Santalla, Upa)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para as organizacións agrarias, sen embargo, é tamén preocupante que nos últimos dous anos se xeneralizaran as ofertas a menos de 60 céntimos nas cadeas da distribución, con situacións puntuais a menos de 55 céntimos. “Cando alguén vende barato é ou porque outro lle paga mal a outro, ou porque está vendendo a perdas” -expón o secretario de Gandería de Upa, Román Santalla.- “Non hai máis posibilidades e ningunha das dúas é boa. Pedímoslle ó Ministerio que comece a sacar tarxetas. O Ministerio sabe que empresas están incumprindo e eses datos teñen que ser públicos”, demanda Santalla.

Recollida na primavera
Outra preocupación das organizacións agrarias sitúase nas cisternas a baixos prezos que se teñen detectado no campo nos últimos meses. “Son cisternas puntuais de restos de primeiros compradores ou de cooperativas, pero hai que evitar que ese leite remate nun brik vendido a baixos prezos porque deterioraría o mercado. Demandóuselle ás industrias que ese leite vaia para po”, destaca o secretario de Gandería de Upa, tamén secretario comarcal no Deza de Unións Agrarias-Upa.

“Como nota positiva, hai que dicir tamén que para esta primavera houbo un compromiso das industrias de que todo o leite terá recollida, pero pola nosa parte advertímoslles de que teñen que manter tamén os compromisos de compra cos primeiros compradores. Non nos serve que usen a primeiros compradores para deixar leite no campo”, critica Santalla.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Identificación da orixe na etiqueta
Na reunión da comisión de seguemento do acordo lácteo, houbo un interese de toda a cadea por coñecer como marcha a posta en marcha da normativa que obrigará a identificar a orixe do leite. Desde o Ministerio sinalouse que se están ultimando os trámites e espérase que a normativa entre en vigor antes do verán. Esta primavera abordarase tamén como se redefine o selo Productos Lácteos Sostenibles (PLS). Para as organizacións agrarias, é importante que ofreza maiores garantías de sostibilidade da cadea.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada