Leite

Cacerolada de Agromuralla ante a Xunta en Lugo

A asociación mantén a tractorada na Ronda da Muralla, á que espera que se sumen novos tractores. Actos de fin de ano dos gandeiros na cidade lucense e en Mazaricos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 30/12/2015 11:21 a.m.

[caption id="attachment_21066" align="alignright" width="260"] Cartel do brinde de leite de Mazaricos.[/caption]

A asociación Agromuralla, que mantén unha tractorada en Lugo desde o pasado xoves 10 de decembro, ten convocada para hoxe unha cacerolada ás 12 do mediodía ante o edificio multiusos da Xunta.

Para o fin de ano, os gandeiros teñen previsto comer as uvas a partir das 12 do mediodía, tamén ante o edificio da Xunta. Por outro lado, Agromuralla informa de que ten prevista a chegada ó longo de hoxe duns 50 tractores máis, que cubrirán os ocos dos que se foron indo nos últimos días.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Mazaricos
En canto ós actos de fin de ano no sector, a asociación Gandeiros de Mazaricos, en colaboración con outras entidades do concello, ten previsto tamén un acto para mañá, ante a Casa da Cultura de Mazaricos, onde farán un brinde con leite.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada