Noticias de empresa

Cabinas hidropónicas para forraxe verde: Un novo concepto para a alimentación do gando

Producir unha forraxe verde de alta calidade en cabinas hidropónicas situadas na propia explotacion. Estas son as vantaxes que achegan

25/10/2023 11:27 p.m.

Producir unha forraxe verde de alta calidade nutricional para o gando dunha forma cómoda e a baixo custo, aforrando mais do 50% do custo habitual. Esta é a solución que ofrecen as cabinas hidropónicas fabricadas e comercializadas en toda España polo grupo Campo y Jara.

Estes dispositivos, que se instalan na propia granxa e que só precisan de subministración eléctrica e de auga e dun cereal -normalmente cebada- que xermina e medra dentro da propia cabina teñen unha capacidade de produción diaria de entre 170 e 1350 quilos, segundo o modelo. O proceso de crecemento da forraxe verde tarda soamente 6 días e durante este período sementaremos todos os días a cantidade necesaria para o noso consumo diario. Cando as plantas alcanzan unha altura de entre 15 e 20 cm será o momento no que se fornece ao gando, isto ocorrerá a tan só 6 dias desde a primeira sementeira.

Unha forraxe de alto valor nutricional

O resultado é unha forraxe con máis dun  18% de proteína e infinidade de vitaminas e minerais que permiten incrementar a produción de carne e de leite. Ademais, en gando vacún e grazas á gran cantidade de vitamina E deste alimento, o animal entra en celo moito antes.

“A partir de sementes e auga, obtemos un alimento saudable que achega aos animais herbívoros mais dun 18% de proteína, o cal axuda a reducir os custos de alimentación en máis dun 50%. O gando cuxa alimentación está baseada na súa orixe (a forraxe, é dicir, feno, alfalfa, palla ou pasto), unicamente con sementes e auga é máis natural e saudable. Isto é así xa que se trata dunha forraxe libre de aditivos , de conservantes e de contaminantes atmosféricos ao tratarse dun alimento producido nun ambiente controlado. Todo isto permite que teña a capacidade de aumentar a produción leiteira en máis dun 30-35%, ademais de aumentar substancialmente a graxa e proteína no leite”, destacan desde o grupo Campo y Jara .

[video width="1920" height="1080" mp4="https://www.campogalego.gal/wp-content/uploads/2023/10/BECERRAS-FORRAXE-VERDE-HIDROPONICO.mp4"][/video]

Novillas de raza Limousin en Peñacaballera. Durante el invierno fueron alimentadas dos meses únicamente con forraje verde hidropónico y paja,, manteniendo una buena condición corporal, a pesar de las duras condiciones del lugar. La ración fue de unos 100 kg de forraje diarios para todo el lote. 

Os beneficios da forraxe verde hidropónica:

-Forraxe verde fresca, recentemente cultivada desde a cabina. Ofrecendo ao animal un alimento vivo.

-365 días de alimento fresco dispoñible, minimizando a dependencia do penso externo.

-Baixo consumo de auga e enerxía.

-Aforro de custos na alimentación do animal en máis dun 50% como mínimo.

-Complemento ideal na época de engorde, facilita as dixestións e a asimilación do alimento, mellorando o sabor da carne e a súa calidade.

-Benestar para os animais, alimentación composta únicamente de sementes e auga. podendo ser achegado como alimento ecolóxico. O custo é de tan só 0,06 € kg, permitindo a substitución dun kg de penso, que hoxe está a 0,5 € por unha forraxe que custa menos de 0,2 € o quilo de materia seca.

Desta forma, no caso de gando vacún, pódese achegar 25 kg de forraxe verde hidropónica ao día -o que supón máis do 80% do alimento diario dunha vaca leiteira- por pouco máis de 1,5 euros.

-Comodidade de dispor do alimento nas propias instalacións, favorecendo a autosuficiencia.

-Cabinas totalmente equipadas, unicamente requiren dunha toma de electricidade e de auga. O consumo de auga non supera o medio litro por kg de produción diaria. E de enerxía eléctrica 0,022kw por kg de produción diaria, podendo esta ser achegada mediante fotovoltaica, eólica etc xerada na propia explotación ( é necesario acumulador, debido a que a maquina traballa 24 horas). 

[video width="640" height="368" mp4="https://www.campogalego.gal/wp-content/uploads/2023/10/cabinas-hidroponicas-campo-y-jara.mp4"][/video]

Funcionamento e instalación

O funcionamento destas é moi sinxelo, só requiren unha toma de luz e de auga.

Presentan un baixo consumo eléctrico e de auga, sendo o consumo de auga de aproximadamente 0,5 L/kg ao día, é dicir, para unha produción de 400 kg de forraxe, o consumo sería de 200 L ao día.

En canto á instalación, a empresa Campo y Jara entrega as cabinas hidropónicas totalmente equipadas para ser depositadas nunha base plana para o seu bo asentamento, xa sexa de cemento ou grava.

Recomendan instalala dentro da nave onde se atopen os animais para maior comodidade e resgardo. Unha vez instalada, ofrecen unha formación básica de uso.

Máis información:

info@cabinashidroponicas.com

Tf: 636 45 43 38

https://cabinashidroponicas.com/

Etiquetado
Ir a la portada