Leite

“Busquei que a presentación da tenreira fose bonita e feminina”

Entrevista a Guiem Orfila Camps, un mozo menorquín que acaba de gañar o Concurso Internacional de Mozos Manexadores Memorial Luís Louzao da feira Abanca Cimag-GandAgro 2017

Loading ad.
Ad could not be loaded.
D.G. 27/01/2017 10:12 p.m.

O menorquín Guiem Orfila Camps alzouse este venres con Concurso Internacional de Mozos Manexadores Memorial Luís Louzao da feira Abanca Cimag-GandAgro 2017. O galego Abel Carballo Pena logrou a segunda posición nun rifado concurso que estivo arbitrado polo xuíz Markus Gerber.

De onde vén a túa vinculación coa gandería?
O meu pai é gandeiro de vacún de leite na gandería Alcaidús d´en Fábregas, a gandería máis grande das illas Baleares. Temos unhas 600 vacas nun sistema en intensivo, das que 250 están en muxido. En canto a prezos, estamos alí un pouco mellor que en Galicia e a maioría das ganderías en Menorca traballan nun sistema extensivo en pastoreo.

Xa levas tempo participando en concursos de manexadores?
Participei por primeira vez fai catro anos pero aos doce anos xa empecei air a Asturias a cursos de preparación e a coñecer xente deste tipo de certames.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Sorprendeuche o premio?
Desde logo. Os outros participantes tiñan un nivel moi elevada e non esperaba alzarme co campionato.

Procurei que destacase a tenreira, que colocase ben as patas, que a súa presentación fose bonita e feminina. Ademais, procurei estar atento en todo momento tanto ao xuíz como á becerra.

Nestes concursos inflúen tanto a xenética do animal, o pelado como o seu adestramento durante meses. Pero é fundamental que a tenreira teña unha boa base.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Son os concursos de manexadores algo elitista para as ganderías intensivas máis punteiras?
Si é certo que hai ganderías que se gastan moito diñeiro para asistir a este tipo de concursos con dez ou doce animais, e hai gandeiros que non se poden permitir iso.

Pero non fai falta ser unha gandería de elite para ter boa xenética, bos rendementos e boas producións.

En que próximos concursos de manexadores tes previsto participar?
Este ano teño previsto ir a concursos en Menorca, en Muimenta e poda que tamén a Mallorca e a algún outro certame.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tes previsto incorporarte á gandería?
Aínda non o sei porque no noso caso o terreo non é da miña familia. Nós somos propietarios do gando pero non do terreo da explotación. Cando termine a carreira de Veterinaria decidirei.

[caption id="attachment_39316" align="aligncenter" width="660"] O lucense Abel Carballo Pena logrou a segunda posición[/caption]

[caption id="attachment_39314" align="aligncenter" width="660"] Foto de familia de todos os participantes[/caption]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada