Noticias de empresa

Bovilisplan, a nova ferramenta de xestión do calendario de vacinacións

MSD Animal Health 15/03/2017 7:44 p.m.

MSD Animal Health, consciente do reto que supón para os veterinarios de rumiantes a xestión dos plans vacunais nas múltiples explotacións das que son responsables, desenvolveu Bovilisplan, a nova ferramenta de xestión dixital de planificación para o control e seguimento do calendario vacunal de cada explotación.

Bovilisplan é unha aplicación Website desenvolvida para dispositivos móbiles e PC, que permite crear unha ficha por cada explotación gandeira e rexistrar todos os detalles das visitas: vacinas utilizadas, animais tratados, datas, fotografías, lote das vacinas, anotacións...

Con todos estes datos, e en función da posoloxía da vacina utilizada, Bovilisplan creará o calendario de futuras actuacións para a explotación, totalmente automatizado e de forma fiable.

Toda a información reflectirase no calendario mensual e o usuario de Bovilisplan poderá consultar a información nun só click, así como o histórico de actuacións por gandería e ver a planificación a un ano.

Semanalmente avisaranos a través do email da programación mensual, e no dispositivo móbil mediante alertas emitidas con 48 horas de antelación.

Bovilisplan xa está dispoñible en Google Play para a súa descarga e na web www.msd-animal-health.es  Máis información en www.bovilisplan.es ou contactando co Responsable de Zona de MSD Animal Health.

Ir a la portada