Viña

Bos datos da vendima na DO. Ribeira Sacra, con 6,45 millóns de kilos uva xa recollidos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/10/2023 9:16 p.m.

As cifras parecen estar dándolle boas novas á D.O. Ribeira Sacra neste 2023. A D.O. comeza outubro con 6.425.411 quilos vendimados e supera xa a cantidade da pasada campaña

Na D.O. Ribeira Sacra, a vendima segue aberta nun tercio das adegas rexistradas e supérase xa a campaña do ano pasado, que se pechaba o 11 de outubro con 6.092.707 quilos de uva recolleitos.

Da variedade maioritaria, Mencía, vendimáronse neste 2023, 5.064.146 quilos. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Variedades tintas:
⦁ Mencía 5.064.146 quilos
⦁ Garnacha 247.561 quilos
⦁ Merenzao 67.841 quilos
⦁ Brancellao 52.499 quilos
⦁ Caíno tinto 36.573 quilos
⦁ Tempranillo 32.837 quilos
⦁ Sousón 42.910 quilos
⦁ Mouratón 6.227 quilos
⦁ Grao Negro 2.010 quilos

  Variedades brancas:
⦁ Godello 696.526 quilos
⦁ Albariño 96.525 quilos
⦁ Treixadura 60.305 quilos
⦁ Dona Branca 7.903 quilos
⦁ Loureira 5.191 quilos
⦁ Branco Lexítimo 4.287 quilos
⦁ Torrontés 2.070 quilos

Das 99 adegas rexistradas para vendimar nesta campaña na D.O. Ribeira Sacra, 63 xa finalizaron a vendima, 26 seguen vendimando e 8 aínda non comezaron. Dúas das adegas rexistradas non elaborarán viño.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada